Carboxipeptidase

Carboxipeptidase A do páncreas bovino

Unha carboxipeptidase é un encima do grupo das peptidases ou proteasas que poden hidrolizar un enlace peptídico situado no extremo carboxi-terminal dunha proteína ou polipéptido, liberando desta forma o aminoácido situado ao final da cadea. A actividade encimática destas proteínas corresponde aos números da Comisión de Encimas EC 3.4.16, 3.4.17 e 3.4.18.

As carboxipeptidases contrastan coas aminopeptidases, as cales tamén rompen enlaces peptídicos pero no outro extremo da cadea polipeptídica, o extremo amino-terminal.

Tanto os animais, incluídos os humanos, coma as plantas e bacterias posúen varios tipos de carboxipeptidases que cumpren diversas funcións que van desde o catabolismo á maduración de proteínas. Nos seres humanos as carboxipeptidases A1, A2 e B prodúcense no páncreas como proencimas inactivos, e son activadas pola enteropeptidase unha vez que chegan ao lume intestinal coa secreción pancreática.[1]

  1. Carboxypeptidase B. Worthington Biochemical Corporation. Consultado o 24 de xaneiro de 2014.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy